Thursday 16 de May de 2024

Oroso abre a inscrición en seis obradoiros, que este ano presentan as novidades de bixutería, paquetería, tocados artesanais e scrapbooking


O prazo de inscrición estará aberto ata o 28 de xaneiro no centro cultural de Sigüeiro

12 de xaneiro de 2015.- O Concello de Oroso abre este mércores o prazo de inscrición en seis cursos formativos e de ocio de oito horas de duración e que terán lugar durante o vindeiro mes de febreiro no centro cultural de Sigüeiro. Unha oferta formativa dirixida a veciños e veciñas empadroados en Oroso e que este ano está cheo de novidades, xa que só repiten fofuchas e xabóns e candeas artesanais, dúas das actividades mellor valoradas de 2014.

Así, as novidades de 2015 serán: tocados artesanais, paquetería e bolsa de agasallos, bixutería e scrapbooking (crear álbums de fotos personalizados con adornos de todo tipo: botóns, adhesivos, cintas, papeis de cores, remaches, letras, selos, retais…). As inscricións deberán formalizarse antes do vindeiro 28 de xaneiro no centro cultural de Sigüeiro ou no teléfono 981 69 09 03.

Horarios

As clases terán lugar en horario de tarde e en días diferentes, de xeito que permitan que os alumnos e alumnas poidan anotarse en varios obradoiros. A única excepción será o obradoiro para aprender a facer tocados artesanais para o pelo, que terá lugar os sábados 7, 14, 21 e 28 de febreiro, de 10:30 a 12:30 horas.

Así, os luns 2, 9, 16 e 23 de febreiro será a quenda dos obradoiros de paquetería e bolsa de regalos (de 17:00 a 19:00 horas) e de scrapbooking (de 19:00 a 21:00 horas). O obradoiro máis exitoso do ano pasado, o de fofuchas, terá lugar os martes 3, 10 e 24 de febreiro, así como o 3 de marzo, en horario de 19:00 a 21:00 horas (o martes 17 é festivo por ser martes de entroido). Bixutería, os mércores 4, 11, 18 e 25 de febreiro, de 17:00 a 19:00 horas; e xabóns e candeas artesanais, os xoves 5, 12, 19 e 26 de febreiro, de 18:30 a 20:30 horas, completan a oferta formativa do Concello de Oroso para este mes de febreiro.